A reforma de Luis Rocafort máis preto

PONTEVEDRA> O Deputado de Mobilidade, Uxío Benítez, e o alcalde de Sanxenxo, anunciaron hoxe en rolda de prensa a resolución do contrato da obra de Luís Rocafort, a probación de un novo proxecto e a licitación da obra en cuestión de semanas para que poda empezar o rematar o verán e estar lista para o verán de 2017. 

 

A Deputación de Pontevedra asumirá os 600.000 euros máis que custará o novo proxecto de reforma da rúa Luis Rocafort en Sanxenxo. Nunha reunión celebrada hoxe o Deputado de Mobilidade recoñeceu que o proxecto era herdado da anterior corporación, pero que presentaba moitas deficiencias. 

Os cartos para financiar este obra que contempla a totalidade do trazado da vía será asumido nun 70% pola entidade provincial, e nun 30% polo concello. O novo proxecto non contempla a construción de un túnel na rotonda de Arnelas.

Gonzalo Pita pediu a comprensión dos veciños afectados pola dilación das obras, aínda que recalcou que o retraso repercutirá nunha actuación de calidade e seguridade en toda a rúa.

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/03marzo/29/deputacion_sanxenxo.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/03marzo/29/deputacion_sanxenxo.mp4{/flowplayer}