RIBEIRA> Ribeira converteuse no primeiro concello da comarca en adaptar as súas instalacións ás persoas con autismo. Co gallo da celebración do Día Mundial de concienciación sobre esta enfermidade, usuarios da asociación AMICOS, procederon á instalación de pictogramas na casa consistorial para permitir a orientación de persoas afectadas por un trastorno do espectro autista favorecendo a identificación das distintas estancias. Ademais de ser o primeiro edificio público da comarca en contar con estes elementos, cabe destacar que Ribeira xa conta cunha ruta de sendeirismo accesible para persoas con autismo.
Inicio Barbanza - Muros - Noia