A confraría de Rianxo demanda a instalacion de amarres nos pantaláns

    RIANXO> A confraría de Rianxo leva tempo demandando a instalación de puntos de amarre nos pantaláns da terceira lista. A dous días do inicio da campaña, o patrón maior insiste na urxencia de contar con estes elementos para reforzar a seguridade dos traballadores. O mal estado dos amarres nos pantaláns das embarcacións de terceira lista do porto rianxeiro supón un grave prexuízo para os profesionais do mar que deben desempeñar o seu traballo sen contar coas mínimas condicións de seguridade. Dende a confraría levan tempo demandando a instalación de fingers ou mellora dos amarres para evitar accidentes pero de momento non teñen resposta da administración. Mentres continúan á espera dunha resposta de Portos de Galicia, a confraría lembra que se trata dunha obra que non require gran investimento tal e como ten evidenciado a súa execución noutros portos da zona como A Pobra ou Muros. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/04abril/01/demanda_instalacions_fingers_rianxo_010420161.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/04abril/01/demanda_instalacions_fingers_rianxo_01042016.mp4{/flowplayer}

    DEIXAR UNHA RESPOSTA

    Por favor, engade un comentario!
    Por favor, engade o teu nome aquí