O BNG pide ó goberno que desenvolva o regulamento de participación cidadá

    POBRA> O BNG da Pobra demanda a posta en marcha do regulamento de participación cidadá aprobado polo concello. A pesar de que o pleno lle dou o visto bo definitivo en marzo, non se ten acometido aínda ningunha actuación para o seu desenvolvemento. Transcorrido xa máis de medio ano dende a aprobación do regulamento de participación cidadá do concello da Pobra, o BNG denuncia que o goberno non ten iniciado os trámites para o seu desenvolvemento. Ata o de agora, non se procedeu á elaboración do rexistro de asociacións nin á constitución dos consellos sectoriais. Por esta razón, os nacionalistas presentaron unha pregunta para que o executivo informe dos prazos e actuacións previstas con respecto a este regulamento. O voceiro nacionalista lembra que tanto os consellos sectoriais como o veciñal teñen que ser propostos e aprobados en pleno polo que non se trata de meros trámites administrativos senón que levan o seu tempo.