Trinta e cinco alumnos beneficiaranse do obradoiro ‘As Eiroas’

    obradoiroemprego.jpgRIBEIRA> Trinta e cinco alumnos recibirán formación no terceiro obradoiro de emprego do concello de Ribeira, ‘As Eiroas’.

    {flowplayer}barbanza/novoobradoiroempregoribeira.flv{/flowplayer}

    Contará, como nas anteriores edicións, con tres módulos: pavimentación con lastros, carpintería e xardinería. O importe para a súa execución será de 757 mil euros, financiados pola Consellería de Traballo.

    Proxecto estrela

    Un ano máis, a maior parte dos proxectos que se acometerán no marco deste obradoiro desenvolveranse no parque de San Roque. Procederase a pavimentar con adoquíns o acceso dende a estrada xeral ó centro de Interpretación así como a acondicionar a senda peonil dende o centro urbanos.

    Procederase ademais á dotación de mobiliario urbano e ó mantemento dos xardíns. Actuacións que se levarán a cabo tamén noutras parroquias e zonas do caso urbano. O obradoiro terá un ano de duración.

    Redacción Barbanza