Os medios continúan na zona para evitar a reactivación de focos

RIANXO> A Consellería do Medio Rural daba por controlado o incendio ó redor das doce desta mañá. A esa hora xa non había ningún foco activo. Aínda así os medios de extinción continuaban de retén sobre o terreo para evitar que puidesen reavivarse as chamas.

Despois de máis de trinta e seis horas dende o inicio do lume, o incendio dábase por controlado ó redor das doce da mañá. Aínda así, durante toda a xornada de hoxe os equipos de extinción continuaron controlando as zonas queimadas para evitar que o lume reavivase…

Segundo as primeiras estimacións o número de hectáreas queimadas ascende a unhas 850.

E unha vez controlado. As forzas da orde, tanto Garda Civil coma Policía Autonómica, como tamén técnicos da consellería de Medio Rural, tratan de esclarecer as posibles causas do lume. Nesta ocasión, aínda sen confirmar, todo apunta á súa orixe a unha chispa provocada na liña de tendido eléctrico.

Comments are closed.