A Xunta investirá uns 230 mil euros en melloras no Parque Natural

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/02febreiro/02/dia_humidais_corrubedo0202161.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/02febreiro/02/dia_humidais_corrubedo020216.mp4{/flowplayer} RIBEIRA> A conselleira de Medio Ambiente, Beatriz Mato, visitou hoxe as lagoas de Carregal e Vixán, en pleno parque natural de Corrubedo, coincidindo coa celebración do Día Mundial dos Humidais. Hoxe conmemórase o Día Mundial dos Humidais. Con tal motivo a titular de Medio Ambiente, Beatriz Mato, estivo visitando as lagoas de Carregal e Vixán, en pleno parque natural de Corubedo. Trátase dun espazo singular, dunha gran beleza paisaxística, na que se dan hábitats singulares para o desenvolvemento da flora e da fauna. Un espazo que cómpre poñer en valor para promover a súa protección. Por esta razón anunciou que se investirán este ano un total de 230 mil euros, procedentes de fondos FEDER, para continuar mellorando este Parque Natural Segundo sinalou a propia titular de Medio Ambiente calcúlase que no último século desapareceron dous terzos do total de humidais do mundo. Segundo ela estes espazos son esenciais para a conservación e sostibilidade do medio ambiente, porque absorben precipitacións e almacenan o 30% do carbono da terra, o dobre que os bosques de todo o mundo. No caso do de Ribeira, dase a circunstancia ademais de que é tamén un dos sete parques naturais galegos. A súa superficie total é de aproximadamente unhas 1.000 hectáreas e trátase dun dos ecosistemas costeiros máis ricos en flora do norte de España. No último ano visitaron este espazo preto de 65.000 persoas.