Folga no Parque de Maquinaria

PONTEVEDRA> Os traballadores do parque de maquinaria da Deputación de Pontevedra irán á folga. A plantilla considera que a intención do equipo de goberno é privatizar este servizo, por iso levarán as súas protestas ata o Pazo Provincial. O centenar de traballadores secundarán un paro todos os venres dende as 12 do mediodía ás 3 da tarde.

 

Os traballadores do parque de maquinaria e as brigadas da Deputación irán á folga. Para a plantilla, a intención do bipartito provincial é privatizar o servizo; por iso, acúsanos de buscar xustificacións contra a súa viabilidade, como a modifición dos horarios ou a negativa a vender aglomerado aos concellos.

Comisións Obreiras denuncia que cos prazos de caducidade da concesión da Lei de Costas para os terreos das instalacións do parque na Xunqueira de Alba, non é posible ter un novo parque rematado antes desa data. 

A plantilla levará a súa protesta ata a fachada do Pazo Provincial. O centenar de traballadores do parque e das brigadas secundarán un paro todos os venres dende as 12 do mediodía ás 3 da tarde. Así as cousas, Comisións tendeu a mano ao goberno provincial para reconducir a situación.

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/04abril/05/folga_sindicatos_depo.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/04abril/05/folga_sindicatos_depo.mp4{/flowplayer}