O Concello de Pontevedra busca activar a economía axilizando contratos por valor de 11 millóns euros

PONTEVEDRA> O Concello de Pontevedra axiliza todo os procedementos administrativos da área de contratación. O obxectivo do goberno municipal é todo estes trámites estean listos unha vez remate o estado de alarma. Deste xeito, poderíanse poñer en marcha canto antes diferentes actuacións na cidade por valor de 11 millóns de euros.

Comezar a traballar en diferentes actuacións municipais inmediatamente despois de que remate o estado de alarma. Ese é o obxectivo do Concello de Pontevedra. Para conseguilo, o goberno municipal está a axilizar todos os trámites administrativos que dependan da área de contratación.

Eses 11 millóns de euros dividiranse en tres partes. A primeira corresponde aos contratos que están en fase final. Por exemplo, as obras de Loureiro Crespo, o mantemento de vías urbanas ou o vial de Monte Porreiro.

O goberno municipal traballa tamén para axilizar os expedientes de contratación que está en fase inicial. En total, 2 millóns de euros que irán destinados, entre outros, ao contrato de telecomunicacións, á reforma de Santa Clara ou ao mantemento das vías do rural.

En último lugar, o goberno municipal destinará preto de 3 millóns 300 mil euros aos contratos menores de obras e servizos. Deste xeito, o Concello de Pontevedra pretende inserir liquidez e activar a economía local unha vez remate o estado de alarma.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí