POIO> Poio xa rende homenaxe a Rosalía de Castro. O seu día é este vindeiro mércores, pero na localidade xa comezaron hoxe as celebracións. Nas árbores do parque leva o seu nome, penduraron poemas da nosa poeta máis universal. Ademais, o concello programa para esta semana distintas actividades para achega-la figura da autora, en especial, á rapazada.
Hoxe é o día da lingua materna, pero en Poio xa festexan a Rosalía. O día dedicado á nosa poeta máis universal vaise celebrar este mércores, pero no municipio xa arrancaron hoxe a homenaxe, con esta intercenvención nas árbores do parque que leva o seu nome, na parroquia de San Salvador. O prato forte será este mércors cunha dobre representación da acción teatral ‘Sempre Rosalía’.
Ademais, o concello tamén anima á participación dos centros educativos do municipio nesta acción artística para achega-la figura de Rosalía á rapazada. A maiores, o xoves, e tamén pensando nos máis pequenos, a biblioteca municipal da actividade ‘Da aurora ao esplendor’.
O alcalde salienta que todas estas actividades serven para achegar á veciñanza en xeral e á rapazada en particular, o valioso legado da poetisa de Padrón.