A Marea Vermella avanza en Arousa

    A ILLA>Moita preocupación pola evolución da marea vermella en Arousa. Os informes emitidos polo INTECMAR de Vilaxoán sinalaban que os bancos que permanecen pechados, pola presenza da biotoxina son os das zonas de produción 1, 2 e 7. 

     

    As zonas de produción número 1, 2 e 7 permanecen pechadas, pola presenza da biotoxina, segundo reportou o INTECMAR.  Un peche sen anuncio cautelar, co que os mariñeiros temen ter que devolver ese marisco ao mar. 

    Esta situación reportaría grandes perdidas económicas en vilas, que como a Illa viven do marisqueo e da pesca. Cabe recordar que moitos dos mariñeiros que traballan nesas zonas, xa estiveron tamén afectados polos paros biolóxicos, que non esperan cobrar ata xuño. 

    Os mariñeiros e mariscadoras da Ría de Arousa están pendentes a calquera cambio, dado a que repercutirían en toda a cadea de comercialización. 

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/04abril/06/marea_vermella_a_illa.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/04abril/06/marea_vermella_a_illa.mp4{/flowplayer}