O PP de Poio denuncia irregularidades na recollida do lixo

POIO> Os populares de Poio denuncian a mala xestión do executivo local en canto o tema da recollida do lixo na vila. O voceiro popular, Ángel Moldes convocou hoxe aos medios para mostrarlles uns vídeos, cos que pretende demostrar algunhas das irregularidades que se están a cometer na recollida selectiva do lixo. Iso si, moldes quixo desvencellar un complot por parte dos traballadores da empresa, e recoñeceu que ningún traballador tivo nada que ver con esta investigación. 

 

Colector amarelo, colector verde e a veces tamén azuis… hasta aquí todo controlado ¿Pero que leva o amarelo? ¿Qué meto ao azul?… esta dubida convertese nun verdadeiro problema cando os que cometen a infracción son os propios operarios da recollida do lixo.

Tras dous meses de investigacións e seguimentos, o Partido Popular de Poio amosou hoxe aos medios, unha serie de vídeos nos que se pode ver os operarios da empresa concesionaria da recollida de lixo na vila, descargar todos os contedores, sen facer diferenzas de residuos, no depósito do mesmo camión, unha situación que molesta ao PP de Poio e pola que vai a pedir explicacións ao concello. 

Moldes recordou que os veciños de Poio están a pagar polo servizo de recollida e ademais tamén por  un canon a Sogama, polas toneladas de lixo que xeran, e a falta de tratamento selectivo deste.

Un problema que a parte de ser medioambiental, e económico pasa a ser político tamén, xa que Moldes destaca nas súas declaracións que o actual goberno quere enganar coa publicación de informes nos que se recoñece que o servizo de recollida de lixo mellorou nun 600%, cousa que, segundo o voceiro popular, fai o concello cómplice de estas prácticas.   

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/04abril/06/pp_poio_lixo.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/04abril/06/pp_poio_lixo.mp4{/flowplayer}