Reabre ó público a piscina de Muros con melloras en accesibilidade

    MUROS> A piscina de Muros reabría ó público tras máis de medio ano pechada polos problemas de filtracións que afectaban á cuberta. Ata mediados de mes, a entrada ó recinto será de balde e os socios tan só deberán aboar a metade da mensualidade. Tras un longo proceso, non exento de trabas e demoras , a piscina de Muros reabriu finalmente ó público. Ademais da reparación das goteiras introducíronse importantes melloras en accesibilidade como unha grúa para as persoas con mobilidade reducida e a instalación de pictogramas para facilitar a orientación de persoas con autismo. Aínda que xa se procedeu á reapertura dos dous vasos, a sauna e o ximnasio, a empresa continúa traballando na cuberta do inmoble, Trátase de obras que non afectarán á actividade diario das instalacións. Co obxectivo de premiar a paciencia e a comprensión dos aboados, non se lle cobrará máis que a metade deste mes. Ademais, a entrada á piscina será libre ata o día quince para dar a coñecer as instalacións entre os potenciais usuarios que desexen asociarse.