Os populares insisten no abandono do Monte do Castro

    RIBADUMIA> O Partido Popular de Ribadumia denunciou hai unhas semanas o estado “de total abandono”, segundo palabras da voceira popular de Ribadumia, Salomé Peña, no que se atopaba o Monte do Castro, un dos máis importantes xacementos arqueolóxicos da bisbarra. Este luns, unha delegación do PP provincial, visitou o monte para comprobar de primeira man, o estado no que se atopa.

     

    A voceira do Partido Popular en Ribadumia, Salomé Peña, paseou polo entorno do Monte do Castro acompañada polos deputados provincias, Luís Aragunde, e Luísa Piñeiro, para amosarlles o estado de “total abandono”, no que se encontra o Monte do Castro, no concello ribadumiense. 

    Os populares desprazáronse ata a zona, e viron como a maleza inunda as zonas que foron escavadas, escaleiras de madeira podres e deterioradas, e ata plásticos rotos e descoloridos enterrados, que deixan mostra do estado de deixamento na que se atopa este xacemento. 

    O Monte do Castro e a Ruta da Pedra da Auga son os principais atractivos turísticos do municipio. Por iso PP de Ribadumia leva meses reclamando ao goberno municipal unha posta a punto do Monte do Castro, e aínda que a Deputación de Pontevedra anunciou o seu día, que se acometerían melloras no xacemento, estas aínda non se levaron a cabo. 

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/04abril/11/monte_do_castro.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/04abril/11/monte_do_castro.mp4{/flowplayer}

     

    DEIXAR UNHA RESPOSTA

    Por favor, engade un comentario!
    Por favor, engade o teu nome aquí