O humorista Berto Romero actuará mañá no Auditorio de Vilagarcía

    berto_romero copia.jpgVILAGARCÍA> O espectáculo terá lugar ás dez da noite. Segundo sinalou o alcalde, Tomás Fole, o éxito vai estar garantido.

    {flowplayer}images/salnes/ESPECTACULO_BERTO_ROMERO.flv{/flowplayer}

    Un artista que, coma el mesmo confesou, leva gafas sen cristais porque non as precisa pero a súa nariz está prediposta para facelo e lle gusta Galicia pola nosa gastronomía e por ter un público respectuoso e cariñoso ó mesmo tempo. Este é Berto Romero. Mañá actuará no Auditorio de Vilagarcía. Ofrecerá a tódolos asistentes un monólogo que, segundo explicou, vai verter sobre temas atemporais e moitos apuntes da súa vida.

    Pola súa banda, o alcalde, Tomás Fole, confesou que con esta actuación, Vilagarcía volve estar na actualidade do espectáculo que hai en España. Así mesmo, para el o éxito vai estar garantido.

    O espectáculo terá lugar a partir das dez da noite.

    Redacción Salnés