Ata o 2 de setembro as terrazas contarán con ampliación de horario en Pontevedra

Pontevedra> Nova modificación á ordenanza de veladores en Pontevedra. Nesta ocasión trátase dunha ampliación de horario nesta época estival, ata o 2 de setembro. Unha modificación que ampliará en media hora, ata a 2 da mañá as terrazas de luns a xoves, e media hora máis, ata ás 2 e media , de venres a domingo e vésperas de festivos. Un cambio apoiado e consensuado con todos os sectores implicados.

A ordenanza de veladores estase a cumprir de maneira positiva no concello de Pontevedra. Nesta xornada dende o concello presentaron unha modificación puntual desta ordenanza. Trátase da ampliación dos horarios das terrazas nesta época estival.

Unha ampliación que se desenvolverá ata o 2 de setembro e que conta co apoio e consenso de todos os sectores implicados, veciños, comerciantes e hostaleiros.

Dende a asociación de hostalerios da cidade agradecen a colaboración do concello e sensibilidade dos veciños para aprobar esta ampliación de horarios.

Dende xa e ata o 2 de setembro as terrazas poderán desfrutar de media hora máis de servizo pola noite, ata ás dúas da mañá de luns a xoves e ata as dúas e media de venres a domingos e vésperas de festivos.