O Black Friday anima aos pontevedreses a adiantar os agasallos de Nadal

PONTEVEDRA> A crise da Covid non conseguiu frear este ano a celebración do Black Friday. Dende primeira hora, as rúas pontevedresas enchéronse de xente facendo cola para conseguir os mellores descontos. A maioría aproveitou esta xornada para adiantar os agasallos de Nadal.

Centos de pontevedreses saíron hoxe a rúa en busca dos mellores descontos e ofertas. O Black Friday é unha celebración orixinal dos Estados Unidos pero con estas imaxes queda demostrado que xa está máis que implantado na nosa sociedade.

Con descontos de ata o 50% foron poucos os que se resistiron a mercar hoxe no comercio local e nas grandes cadeas. E aínda que a roupa é case sempre o máis demandado, este ano moitos aproveitaron para adiantar os agasallos de Nadal.

Senón fora polas máscaras e pola colas con distancia de seguridade ás portas dos establecementos, nalgún momento podería parecer que a pandemia pasou hoxe a un segundo plano. Iso si, a pesar das aglomeracións puntuais, en todos os establecementos tomáronse estritas medidas.

O Black Friday é unha campaña moi atractiva para os consumidores pero é fundamental tamén para os establecementos. Por iso, algúns deles decidiron ampliar as ofertas deste popular venres negro a toda a fin de semana.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí