Non a supresión dunha praza de administrativo no colexio de Carril

    VILAGARCÍA> Os alumnos do CEIP Miguel Ángel Estévez de Carril, saíron a rúa para amosar o seu malestar coa anulación dun posto de auxiliar administrativo no centro educativo. 

     

    Os alumnos do colexio de Carril Miguel Ángel Estévez, saíron a rúa en protesta pola supresión dun posto de traballo na administración do centro. Os estudantes cortaron o paso na rúa Rosalía de Castro e realizaron unha cola simbólica xunto a unha mesa chea de papeis para demostrar o trastorno que vai a supoñer a eliminación de esa praza na secretaría. 

    Uns 200 alumnos participaron nesta manifestación, quedando dentro do centro os máis pequenos. Unha protesta por unha supresión que chega nun dos peores momentos do ano, debido a grande carga de traballo que adquire a secretaría nestas fechas. 

    Por outra banda… queda recordar que mañá mércores están convocados os alumnos dos centros de segunda ensinanza a unha folga xeral, en contra dos recortes e sobre todo para instar a supresión da aplicación da Lomce

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/04abril/12/protesta_colexio_carril.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/04abril/12/protesta_colexio_carril.mp4{/flowplayer}