Só residentes e servizos autorizados poderán circular polo lugar de Leborei

PONTEVEDRA> O concello de Pontevedra tomará medidas de xeito inminente para atallar os problemas que o tráfico de paso xera no lugar de Leborei, na parroquia de Cerponzóns. Esta mañá, goberno local, Axencia Galega de Infraesturutras, Dirección Xeral de Tráfico e Garda Civil mantiveron un encontro na procura de solucións. As medidas pasarán por por limitar a circulación, permitindo o paso só a residentes e servizos autorizados.

Tan só residentes e servizos autorizados poderán circular polo lugar de Leborei, na parroquia pontevedresa de Cerponzóns. A medida busca rematar cos problemas que provocan os vehículos pesados que atravesan a zona para cruzar entre as estradas de Vilagarcía e Santiago.

A decisión tomouse esta mañá na reunión que mantiveron representantes do concello de Pontevedra, da Axencia Galega de Infraestruturas, da Dirección Xeral de Tráfico e da Garda Civil. A proposta xa contaba co visto bo dos veciños deste núcleo.

A intención é que a medida entre en vigor de xeito inminente, unha vez estean dispoñibles os sinais para marcar as novas restricións.

A pesares do acordo, dende o concello insisten en que esta medida é tan só un parche para evitar os problemas que se rexistran na zona pola densidade de tráfico de paso. Para o goberno local, a solución definitiva segue a ser a Variante de Alba.

Pero mentres a variante non chega, instalaranse sinais que limiten o acceso a Leborei en tres puntos diferentes.