Desacordo en O Grove polo cambio da parada de taxis

    O GROVE> O cambio da parada principal de taxis en O Grove, dende a rúa Luís Antonio Mestre a Praza do Corgo, non está sendo todo o fácil que parecía, xa que os taxistas non están de acordo cas características do traslado, pactadas dende o concello. 

     

    José Manuel é un veciño de O Grove que leva media vida dedicado a levar e traer, a veciños e turistas, a donde eles queiran… unha labor que sería moito máis gratificante se a súa parada estivese nun punto máis céntrico da vila para chegar a tódolos públicos. 

    Este taxista, non está en desacordo coa idea de trasládala parada, pero si co feito de facelo sen ter en conta necesidades como que a parada este no lado dereito da beirarrúa.

    Outra das necesidades destes traballadores é que o teléfono a través do cal reciben os encargos das carreiras a realizar, este dentro dunha cabina que o protexa, e o afaste daqueles que o queiran roubar ou simplemente romper. 

    Unha situación que dende o sector esperan que se solucione pronto debido a proximidade do verán, e o crecente fluxo de turistas que chegaran a vila. 

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/04abril/21/taxistas_grove_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/04abril/21/taxistas_grove.mp4{/flowplayer}

     

     

    DEIXAR UNHA RESPOSTA

    Por favor, engade un comentario!
    Por favor, engade o teu nome aquí