O “Cultura Quente” chega a Caldas o vindeiro 24 e 25 de xuño

    CALDAS> Caldas volverá a ser un ano máis a capital galega do rock… o festival regresa recuperando un segundo día de actuacións, e cun dos carteis máis completos da súa historia, entre os que destacan Siniestro Total, Marky Ramone e Agaraphobia. 

     

    O “Cultura Quente” regresa a Caldas, para converter esta vila pontevedresa na capital do rock durante o fin de semana de San Xóan… os próximos 24 e 25 de xuño.

    A carballeira da localidade será o escenario dende o que as bandas farán as delicias dos asistentes, o cartel está encabezado polos norteamericanos Supersuckers. Nove bandas confirmadas entre as que se atopan Marky Ramone, novo grupo do batería do grupo Los Ramones e Siniestro Total, entre outros. 

    Festival rock con tinguiduras solidarios… nesta edición haberá unha zona habilitada para a acampada e terá un custo de 3 euros, que se destinará a labores sociais. A entrada terá un custe de 26 euros para os dous días, e de 18 para un so día.O presuposto para a celebración do festival por parte do concello de Caldas será de 140.000 euros, dos que 100.000 euros estarán financiados por un novo convenio que se asinará en breve coa Deputación de Pontevedra.

     

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/04abril/21/ptca_cultura_quente_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/04abril/21/ptac_cultura_quente.mp4{/flowplayer}