1.085.000 euros polo Pazo de Vista Real

    OFERTA_DEFINITIVAcopy.jpgVILANOVA> Esta é a oferta que o concello presentou para poxar polo Pazo. A Axencia Tributaria dispón de 5 días para tomar unha decisión.

    {flowplayer}images/salnes/OFERTA_VISTA_REAL_DEFINITIVA.flv{/flowplayer}

    Despois de que onte rematara o prazo de presentación de ofertas ós bens que lle foran comisados ós Charlíns e que non foran adxudicados na primeira subhasta, hoxe o concello de Vilanova facía pública a cantidade que ofertaron por Vista Real. Un millón oitenta e cinco mil euros. Segundo informou o alcalde é unha media entre as dúas taxacións privadas e a do arquitecto municipal que ascendía ó millón noventa e seis mil euros.

    Desde a Audiencia Tributaria informaron que polo menos hai outras dúas ofertas para o Pazo das cales non se coñece a contía presentada. Cabe a posibilidade de que se o inmoble é adxudicado a un particular non se efectúe o pago xa que non foi necesario a presentación dun aval. Isto só viría a retrasar máis o proceso de adxudicación definitiva.

    No caso de que o inmoble non pase a titularidade municipal comezarán o proceso de expropiación. Se é adxudicado ó concello o seguinte paso é pedir un crédito para efectuar o pago e comezar unha rolda de contactos para buscar financiamento.

    A mesa de subhastas da Axencia Tributaria dispón dun prazo de cinco días para reunirse e tomar unha decisión sobre a poxa da totalidade dos bens.

    Redacción Salnés