![]()
VILANOVA > Medio Rural vén de contratar varias obras de saneamento no Concello de Vilanova que completan a rede municipal. O alcalde agradeceu os apoios recibidos desde o BNG e o PP e acusou novamente ó PSOE de non investir neste municipio.
A Consellería de Medio Rural vén de contratar as obras de construcción de sumidoiros pendentes no Concello de Vilanova, por 160 mil euros. O alcalde Gonzalo Durán considérao unha nova excelente xa que con esto queda completo o saneamento na vertente do río Umia ó seu paso por este concello. O rexedor lembrou que nos últimos 12 anos o goberno municipal apostou por dotar ó concello dos servizos básicos, e que para iso contou co apoio dos populares desde a Xunta, e agora co BNG, a través da consellería de Medio Rural.
Destes apoios deixa fóra ó PSOE. Gonzalo Durán non esquece a decisión de Medio Ambiente de paralizar o saneamento previsto, e xa licitado polo anterior goberno autonómico, na parroquia de Baión. Obras que finalmente está a executar a Deputación de Pontevedra. A empresa Cal de Bergazo acometerá as obras incluídas no convenio con Medio Rural, que inclúe os lugares de Groufa e Fonsín en Baión, Deiro en Tremoedo, e Manga en András. A Deputación, pola súa banda, traballa no saneamento de Serantes, Framil, Barcia e Rabuñade, en Baión.
Redacción Salnés







