O concello media para dar solución ó caso de maltrato animal en Boiro

    BOIRO> Ante a polémica suscitada polo presunto caso de maltrato animal detectado nunha explotación gandeira en Abanqueiro, o concello busca unha solución a través do departamento de Servizos Sociais. Insisten en que se trata dunha situación persoal desvinculada doutros casos relacionados coa crise que atravesa o sector. O departamento de Servizos Sociais de Boiro traballa xa na elaboración dun informe sobre a situación particular deste propietario. Non se trata, din, dunha explotación gandeira comercial senón dunha antiga casa familiar cunhas instalacións obsoletas e pouco axeitadas para o coidado dos animais. Malia que o propietario enfróntase a un delito de maltrato animal, dende o concello desvinculan este caso doutros relacionados coa actual crise do sector gandeiro posto que se trata dunha situación persoal con circunstancias moi particulares. Á espera de coñecer o destino dos animais, posto que un familiar podería asumir a súa tutela, o concello non descarta asumir os gastos do traslado e a custodia temporal dos mesmo.