VILAGARCÍA> Novo conflito no Hospital do Salnés. A xunta de persoal, do centro hospitalaria, denuncia a construción dun parking privado, con acceso directo a zona das novas urxencias do hospital.
O persoal do Hospital do Salnés denuncia que se está a facer negocio a costa da sanidade pública. A delegada da xunta de traballadores, así o afirmaba esta mañá ante os medios de comunicación, ao denunciar os accesos directos construídos dende un aparcamento, segundo din privado, ao lado das novas urxencias do centro.
A representante da xunta de persoal recoñeceu, que os membros da xunta de persoal están dispostos a mobilizarse para impedir este acceso directo dende o centro hospitalario, así mesmo esixen información sobre a situación deste aparcadoiro.
Ademais os representantes sindicais recoñecen que a entrada ao parking, na mesma rotonda das ambulancias é perigoso, tanto para as ambulancias, como para os utilitarios.
{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/05maio/02/xunta_persoal_hospital_do_salnes_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/05maio/02/xunta_persoal_hospital_do_salnes.mp4{/flowplayer}