A semana do cine de Vilagarcía contará coa colaboración da federación portuguesa de cine clubs

VILAGARCIA> O cine de máis calidade e menos coñecido estará en Vilagarcía do 1 ao 6 de agosto. O concello e o cine club Adega presentaron a programación da semana do cine con películas para todas as idades. Entre as novidades deste ano está a colaboración coa federación de cines clubs de Portugal.

Do 1 ao 6 de agosto o cine será o protagonista en Vilagarcía. O concello xunto co cine club adega presentaron a programación da semana do cine da vila. Un cartel con obras para todos os públicos e que dificilmente se poden ver nos cines tradicionais. A semana comezará co film Alcarrás.

A programación continuará con  Nación unha película galega. O mércores será a quenda do cine con música en directo.

O xoves a película será A peor persoa do mundo, unha obra norueguesa. O venres terá lugar unha das novidades deste ano, a colaboración co cinema portugués. Unha colaboración que permitirá que visiten Vilagarcía a responsable da federación de cine clubs de Portugal, Isa Khatarina Mateus, ao catedrático e historiador portugués Antonio Costa e a outras personalidades do país veciño vencelladas ao cine. Ese día terá lugar unha escolma de pezas audiovisuais galegas.

Esta colaboración con Portugal tamén deu como resultado a imaxe elixida para o cartel, como unha homenaxe aos cine clubs antigos. Dende o concello destacaron a programación de calidade que ofrece o cine club Adega.

A programación pecharase o día 6 de agosto con cine na praia. A Concha acollerá a reprodución da película The Blues Brother. Unha película americana máis coñecida e para todos os públicos.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí