Ribeira organiza as IV Xornadas Saudables co apoio de AGADEA e AGAL

    RIBEIRA> Este mércores dará comezo en Ribeira a cuarta edición das xornadas saudables cunha mesa redonda sobre o lupus que conta coa colaboración da Asociación Galega desta doenza. Un reumatólogo, un enfermeiro e un nutricionista afondarán nesta enfermidade aínda moi descoñecida a pesar da súa alta incidencia. O resto das xornadas estarán impartidas por AGADEA. Unha das actividades máis novidosas será o obradoiro de risoterapia que se impartirá o martes dez de maio a partir da cinco da tarde co obxectivo de potenciar as capacidades cognitivas, emocionais, físicas e sociais. O día 24 tocaralle a quenda a unha charla sobre a mobilización e os coidados a persoas dependentes mentres que o 31 terá lugar a clausura das xornadas cun obradoiro sobre hábitos de vida saudables. Tódalas xornadas desenvolveranse no centro cultural Lustres Rivas. Aínda que están dirixidas especialmente a coidadores e pacientes, están abertas a toda a cidadanía. os interesados en asistir poden inscribirse no departamento municipal de Servizos Sociais ou a través da páxina web de AGADEA.