O BNG de Noia celebra o acordo plenario que permitirá a renovación dos xulgados

NOIA> Satisfacción no BNG de Noia polo acordo acadado por tódolos grupos con representación na corporación municipal para estudar as posibles alternativas para a localización do edificio dos Xulgados. Para o voceiro trátase dunha actuación necesaria e urxente, para darlle solución ás diferentes eivas de espazo que presenta actualmente o inmoble.

O portavoz do BNG, Ricardo Suázrez, mostrou a súa satisfacción polo acordo unánime acadado entre tódalas forzas con representación na corporación municipal no último pleno para estudar as posibles alternativas para o edificio dos Xulgados, que presenta actualmente unha serie de carencias importantes. Segundo el o compromiso acadado na sesión pasa por estudar diferentes propostas para darlle unha rápida resposta que solucione tódalas eivas de espazo detectadas no inmoble.

Unha das primeiras actuacións que se levará a cabo será o traslado de boa parte do actual arquivo xudicial a unhas novas instancias para poder liberar espazo no edificio dos Xulgados, mentres non se adoptan outras melloras definitivas.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí