Xunta, concello de Pontevedra e La Caixa contra a pobreza herdada

PONTEVEDRA> O Concello de Pontevedra, a Xunta de Galicia e a Obra Social “La Caixa” únense para implantar na cidade un programa de atención a familias con nenos cos que queren loitar contra a pobreza infantil.

 

A pobreza hérdase. A esta conclusión chégase ao valorar datos que nos revelan que a maioría de persoas que sufriron dificultades económicas na súa nenez, tamén as padecen na idade adulta e que o maior risco de exclusión social se da nas familias con fillos. Por este motivo o concello de Pontevedra asinaba esta mañá coa Consellería de Política Social e a Obra Social “La Caixa un convenio para a implantación dun programa que atenda a un mínimo de 50 familias con nenos ás que reforzarán o seu desenvolvemento e integración social dando especial atención á educación dos nenos coas que pretenden abrirlle máis oportunidades no futuro.

O convenio que está dotado con 225.000 euros repartidos en tres anos tamén busca garantir os bens básicos como son a alimentación, os produtos de hixiene ou o material escolar. 

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/05maio/02/convenio_cons_politica_social_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/05maio/02/convenio_cons_politica_social.mp4{/flowplayer}