BARBANZA > A folga de traballadores das estacións de servizo na comarca do Barbanza durante a tivo tamén unha escasa incidencia, permanecendo practicamente tódalas estacións de servizo operativas durante todo o día.
Segundo os datos facilitados dende as federacións comarcais de UXT e CC.OO, sindicatos encargados de convocar este paro co fin de reclamar melloras laborais para os traballadores das gasolineiras, foron poucas as estacións de servizo pechadas nos concellos de Ribeira, Pobra do Caramiñal, Boiro ou Rianxo, desenvolvendo a súa actividade como calquera outro día normal.
O que si puidemos constatar nas primeiras horas da mañá e a última hora da tarde foi un aumento no número de vehículos que se achegaban ata as estacións para respostar, ante o medo de que a folga fora a máis debido á presenza de piquetes que provocaran posteriormente o peche obrigado das gasolineiras.
Redacción Barbanza