Sete novos médicos incorpóranse a atención primaria no Barbanza

BARBANZA> Sete novos médicos incorporaranse ós centros de saúde do Barbanza trala adxudicación das prazas no concurso voluntario de traslados. Catro novos facultativos prestarán servizo en Noia, un na Pobra, outro no consultorio sonense de Xuño e un na casa do mar de Palmeira que contará con servizo médico estable en quenda de mañá.

Esta última é a única das seis prazas que se cubrirán en Ribeira posto que quedaron vacantes as outras cinco ofertadas no centro de saúde da localidade.

Tamén quedarán sen cubrir unha praza na quenda de tarde e outra no PAC da Pobra, dúas nos PAC de Noia e Rianxo, unha vacante na quenda de mañá de Muros e un médico desprazado no centro de saúde de Boiro.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí