A Deputación xa ten 18 mestres composteiros titulados

PONTEVEDRA> Rematan os 18 mestres composteiros que a Deputación estivo formando durante os últimos meses. Hoxe recibían os seus diplomas e tamén a nova de que finalmente, e ante o interese de máis concellos por participar no plan de compostaxe da institución, todos eles gozarán dunha bolsa para traballar nos distintos centros que se repartirán pola provincia.

 

A Deputación de Pontevedra facía entrega dos diplomas acreditativos de mestres composteiros aos 18 alumnos da Facultade de Compostaxe que gozarán ademais de sendas bolsas da institución debido á perspectiva de novas incorporacións de concellos ao Plan Compost Revitaliza.

Os alumnos que afirmaron ter pasado un proceso moi duro valoraron a implicación da Deputación na súa formación e na defensa do medio ambiente.

O reitor da universidade da Vigo, que tamén participou no acto de entrega de diplomas, destacou que a formación impartida nos últimos meses pasará a ser un título propio da universidade na seguinte edición. A presidenta, Carmela Silva, destacou a relevancia que está a acadar o proxecto pontevedrés por toda Europa e o vicepresidente, César Mosquera, instou a que se unan todos os concellos da provincia. Dende a Deputación esperan que para o vindeiro mes poidan ter recibidos xa todos os composteiros comunitarios e individuais e que se comecen a instalar nos distintos municipios participantes.

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/05maio/05/entrega_diplomas_composteiros_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/05maio/05/entrega_diplomas_composteiros.mp4{/flowplayer}