Telmo achaca á ‘falta de humildade’ do anterior goberno a fuga de votantes do PP

SANXENXO> Normal 0 21 false false false MicrosoftInternetExplorer4

Dixerida, ou non tanto, a perda da alcaldía, o xa líder da oposición en Sanxenxo, Telmo Martín, facía esta mañá lectura do acontecido. E a responsable, aínda que sen mencionar o seu nome, foi Catalina González. Telmo Martín achaca á ‘falta de humildade e cercanía’ do goberno da antiga alcaldesa a fuxida de votos do PP. Votos que o popular proponse agora recuperar.

 

 

Para Telmo Martín está claro. A perda de 1.600 votos do Partido Popular entre as eleccións municipais de 2003 e as do pasado 24 de maio é consecuencia da xestión que levou a cabo o goberno local nas últimas dúas lexislaturas. Se algún esperaba unha fonda autocrítica na comparecencia post-constitución da corporación non a atopou. Telmo Martín considera que a ‘falta de humildade, austeridade e cercanía’ do anterior goberno local liderado pola tamén popular Catalina González foi o que causou descontento entre os simpatizantes do PP, votantes que ou se decantaron por SAL, interpreta Martín, ou se abstiveron estes comicios. Pero Telmo Martín proponse deixar a un lado os lamentos e actuar.

 

Sen mencionar en ningún momento a Catalina González, nin aclarar se ‘esas persoas que estaban antigamente no PP’ e se propón recuperar pertencen a SAL, o popular si quixo deixar claro que a derrota popular nos concellos non lla hai que achacar ó presidente estatal, Mariano Rajoy. ‘Botarlle a culpa a outros –dixo neste caso- sería escusa de mal pagador’. O primeiro paso para o cambio, convocar nuns meses o congreso local para chegar cunha estrutura de partido forte ás eleccións xerais de finais de ano.

 

Tamén anunciou, nesa mostra de transparencia e vontade, que a sede do PP estará aberta mañá e tarde para atender a veciños e afiliados.

 

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/06xuno/15/TELMO150615.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/06xuno/15/SANXENXO_TELMO.mp4{/flowplayer}