O concello preséntalle aos veciños o novo acceso aos Campos

Pontevedra>Os concelleiross de Obras e o delegado de Mourente mantiveron esta tarde unha reunión cos veciños para presentarlles o proxecto de novo acceso aos Campos dende Monte Porreiro. Uns traballos que terán un custe aproximado de máis de 1 millóns 137 mil euros e que contarán cun prazo de execución de 9 meses. Demetrio Gómez e Alberto Oubiña presentáronlle estas tarde aos veciños o proxecto de novo acceso aos Cmapos dende Monte Porreiro. Ambos concelleiros adiantaron que, aínda que o proxecto está bastante pechado, os veciños poderán incorporar algunha suxestión puntual. Trátase dun traballo que realizan en colaboración coa Deputación provincial e que conta cun investimento de máis dun millón 137 mil euros e un prazo de execución de 9 meses. Unha vez que rematen con toda o proceso administrativo, o Concello iniciará os trámites de contratación e licitación do proxecto, que poderá iniciarse cara a finais do ano que vén. Con esta vía Concello e Deputación pretenden incorporar esta parte da cidade, ao Modelo Urbano Pontevedra. Un proxecto que inclúe expropiacións de 32 propiedades, ningunha delas vivendas, e só un galpón.