O Campionato Galego de Autocross chega a Taragoña

RIANXO> Na proba, que terá lugar este sábado no circuíto do Castro, tomarán parte uns vinte e sete vehículos nas categorías de menos de 1.600 centímetros cúbicos, máis de 1.600 e carcross. Os afeccionados ó mundo do motor teñen unha cita mañá sábado no circuíto do Castro en Taragoña coa disputa da décimo sexta edición do Autocross do Castro, a terceira proba puntuable para o Campionato Galego da especialidade. Na carreira, organizada pola escudaría Rally Actividad en colaboración coa Federación Galega de Atumobilismo, tomarán parte uns duns vinte e sete pilotos. Esta vez serán só tres categorías: menos de 1.600 centímetros cúbicos, máis de 1.600 e carcross, ó non completarse as inscricións na modalidade de catro por catro. Estarán presentes a totalidade dos pilotos que copan actualmente as primeiras prazas do circuíto, polo que de seguro será unha proba atractiva para o afeccionado e moi competitiva. As previsións metereolóxicas para mañá, coa presenza da chuvia, farana se cabe tamén máis espectacular. Ás nove da mañá arrancarán as verificacións e as doce os adestramentos. As semifinais serán ás tres menos cuarto da tarde e as finais a partir das seis menos cuarto. Dende a organización agradecen o apoio das distintas casas comerciais e empresas que colaboran con esta cita deportiva, xa un clásico no circuíto galego, así como tamén o concello e Protección Civil, xa que sen a súa axuda sería impensable poder levala a cabo.