E hoxe na escola… de paseo polo Gafos

Pontevedra> Os pequenos da Escolas Infantil Chiquis realizaron un paseo moi especial nesta xornada. A asociación Vaipolorio acompañounos na súa visita polo Río Gafos, en Pontevedra. Un paseo que contaba ademais cun fin solidario. A lección da xornada: achegarlles o respecto a natureza e ao medio ambiente a estes pequenos de 2 e 3 anos. O pequenos da Escola Infantil Chiquis realizaron unha visita moi especial, unha visita ao río Gafos, un espazo que eles coñecían moi ben. Incluso os había que sabían á perfección o propio nome do río que estaban visitando. O fin desta visita é o de completar o proxecto de medio ambiente que están realizando dende este centro. Un paseo que tamén contaba co seu lado solidario. Pero nesta visita as profes e os peques da escola infantil Chiquis non estiveron sos, un membro da asociación Vaipolorío acompañounos co fin de ensinarlles a lección da xornada: a necesidade de respectar a natureza e os ríos, xa que tal e como nos dixo nesta xornada este guía, os nenos desta idade son a esperanza do medio ambiente. Unha mañá diferente e divertida onde estes pequenos aventureiros puideron aprender a lección e desfrutaron un montón desta senda polo Río Gafos. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/05maio/04/visita_gafos_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/05maio/04/visita_gafos.mp4{/flowplayer}