PONTEVEDRA> Dende hai uns meses, hai un doce en Pontevedra que está conquistando a todos os veciños. Os Ravacholitos chegaron á Cidade do Lérez o pasado mes de decembro e agora son todo un furor.
En plena Praza da Peregrina, unha pequena xeadería artesanal abría as súas portas o pasado mes de maio. A pesar de estar en plena pandemia, os seus produtos namoraron rápido a todos os pontevedreses pero sen dúbida o cume chegou en decembro. Rubén decidía crear estes Ravacholitos, mini croissants que se converteron xa no doce máis popular da cidade.
Con chocolate negro, con chocolate con leite, con chocolate branco e ata con améndoas tostadas. Todas as variedades triunfan entre os pontevedreses.
Iso si, que ninguén intente facelos na casa porque a receita, como non podía ser doutro xeito, é secreta.
Rubén chegou a vender ata 800 unidades nun só día e moitos pontevedreses interesáronse xa en enviar caixas coma esta a outros puntos do territorio nacional. Datos que demostran o éxito que están a ter estes Ravacholitos porque, sen dúbida, están “descaradamente bos”.