A Plataforma Galega do Ensino Público pide boicotear as reválidas

PONTEVEDRA> A Plataforma Galega do Ensino Público rexeita a aplicación das reválidas da LOMCE. Pais e representantes da plataforma manifestábanse hoxe diante dos colexios para insistir en que as probas, que se realizan para os primeiros alumnos entre este mércores e o venres, só producirán unha tensión innecesaria a nenos de moi curta idade.

 

Esta mañá a hora do recreo do colexio Barcelos de Pontevedra estivo marcada polas pancartas e o rexeitamento dos pais á aplicación das reválidas que están incluídas na LOMCE. O colectivo cre que a proba carece de sentido en nenos destas idades, que só avalía determinados aspectos da educación e que xera unha tensión innecesaria no alumnado.

Dende a Plataforma Galega do Ensino Público cualifícana de “aberración pedagóxica”, aseguran que estas probas significan retroceder tres xeracións e piden a pais e titores que non leven aos fillos a facelas.

As probas realizaranse esta semana entre o mércores e o venres para os alumnos de sexto de primaria e a vindeira semana será a quenda dos alumnos de terceiro.

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/05maio/09/concentracion_revalida_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/05maio/09/concentracion_revalida.mp4{/flowplayer}