Unha nai loita pola igualdade para que os pequenos con diversidade funcional tamén podan desfrutar dos parque infantís

Pontevedra>  O parque de Bacelos que acaban de remodelar na cidade do Lérez volve a estar de actualidade. Nesta ocasión a outra protagonista é Sisi a nai dunha nena con discapacidade que xa recolleu máis de 1100 sinaturas co fin de loitar pola adaptación para nenos con diversidade funcional neste parque infantil. 

 

Sofía está a piques de cumprir cinco anos, vive na Praza de Barcelos e non pode ir ao parque que está ao lado da súa casa porque neste espazo non contan con ningún columpio nin elementos de xogo adaptados as súas necesidades. Esta pequena é xorda, cega, ten parálise cerebral e o síndrome de West. Por iso a súa nai comezou hai uns meses unha campaña de recollida de sinaturas co fin de que este parque sexa adaptado para nenos de diversidade funcional. Ata a actualidade xa recolleu 1100 sinaturas. 

 Por lei todos os parque infantís deben contar con elementos de xogo para persoas con discapacidade, Sisi, sabe que non todos o teñen en Pontevedra soamente hai dous columpios adaptados un no Parque das Palmeiros e outro en Pontemuiños. Trátase en ambos casos pezas adaptadas de grado dous. Sisi pide, e cree máis que necesarios,  que haxa algún elemento de xogo de grado 3 que son aptos para cadeira de rodas. 

Esta nai recibiu o apoio na súa reivindicación do colexio de Barelos. Agora agarda ter unha resposta positiva por parte do concello para conseguir que todos os nenos que estean nunha situación similar a da súa filla podan xogar e facer vida nun parque infantil, para conseguir en definitiva visibilizar unha realidade. 

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/11novembro/04/columpio_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/11novembro/04/columpio.mp4{/flowplayer}