Os estudantes de Pontevedra cántanlle as 40 ao machismo cun flashmob

PONTEVEDRA> A Praza da Ferraría converteuse esta mañá no escenario dun flashmob. Baixo o título “Cántoche as 40”, o alumnado da cidade quixo facer un chamamento á responsabilidade dos homes nas tarefas domésticas. Unha acción enmarcada no Día Internacional da Muller e na que estiveron representados os institutos da cidade.

Esta foi a mensaxe que quixeron enviar hoxe os estudantes da cidade. Baixo a interpretación deste flashmob, todos eles denunciaron hoxe a sobrecarga familiar das mulleres e fixeron un chamamento á corresponsabilidade.

Os alumnos e alumnas da cidade convertéronse así nos protagonistas desta reivindicación. Unha acción enmarcada no 8M e na que todos eles lle cantaron as 40 ao machismo e á desigualdade.

Este flashmob, organizado polo Consello da Muller Nova, non foi a única acción levada a cabo esta mañá na Praza da Ferraría. O alumnado interpretou tamén a obra teatral Sororidade e púxolle voz ao tema de Sés, Non Son Fada, e á canción de Rozalén de La Puerta Violeta.