Festivais Rías Baixas: 7 citas, 7 vilas

PONTEVEDRA> “Elixe a túa cita para o verán da túa vida”. Así nos invita a nova campaña promocional da Deputación de Pontevedra a coñecer os 7 festivais de música e cultura urbana de máis sona da provincia que se unen para dar a coñecer unhas das ofertas máis completas da península.

 

Sete festivais das Rías Baixas únense na nova iniciativa da Deputación de Pontevedra para promover a provincia que pretende converterse en referente cultural do país.

Dende finais de xuño e ata a terceira semana de agosto Pontevedra ofrece unha ruta por sete vilas e cidades e sete festivais de onde a cultura e o ocio se mesturan: O Cultura Quente de Caldas, o Atlantic fest da Illa de Arousa, o Revenidas de Vilaxoán, o Festival Sinsal na Illa de San Simón, o Sonrías de Bueu, o Marisquiño de Vigo e o Portamérica de Nigrán.

Os sete festivais presentan unha gran variedade de estilos musicais e canda eles atópanse actividades de lecer paralelas como a gastronomía, a praia e deportes que achegan a todo tipo de públicos.

O primeiro en celebrarse é o Cultura Quente, o 24 e 25 de xuño, festival de rock de Caldas de Reis. O Atlantic Fest será o seguinte os días 1, 2 e 3 de xullo na Illa de Arousa e tamén na zona do Salnés, o Revenidas pechará a ruta de sete festivais do 19 ao 21 de agosto en Vilaxoán.

Carmela Silva amosouse feliz na presentación desta iniciativa coa visión que se está a dar dunhas Rías baixas innovadoras, modernas e vangardistas.

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/05maio/12/ptac_festivales_ponte_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/05maio/12/ptac_festivales_ponte.mp4{/flowplayer}