A literatura infantil e xuvenil centrará este ano o encontro de Galeusca

PONTEVEDRA> Na súa trixésima edición, a Federación de escritores en lingua galega, euskera e catalán avaliará a situación da produción literaria destinada ó público máis novo e a súa adecuación a soportes máis modernos. A cita, esta fin de semana en Pontevedra. ‘A literatura infanto-xuvenil: perspectivas de futuro e adecuación a novos formatos’. Baixo esta premisa, escritores en lingua galega, euskera e catalán achegaranse esta fin de semana a Pontevedra para participar na trixésima edición do Galeusca. O Pazo de Mugartegui acollerá a recepción ós participantes o vindeiro venres. Segundo recoñecen desde a propia organización, a crise faise notar no volume de participantes que veñen desde as asociacións integrantes. Pero os que se desprazan, repiten, xa que o Galeusca está concibido como un intercambio cultura en tódolos sentidos. O sábado será o día central das xornadas, cunha mesa redonda pola mañá que versará sobre narrativa para dar paso a un paseo literario pola cidade cos escritores Fina Casalderrey e Vázquez Pintor como guías. Xa pola tarde será tempo de avaliar a poesía, teatro e outros formatos nos que se canaliza a literatura xuvenil, cunha nova mesa redonda tamén na Casa das Campás. O encontro literario pechará no domingo, cando a federación de escritores celebrará a súa asemblea e dará lectura á conclusións do encontro. Tódolos actos son abertos ó público. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2013/10outubro/22/galeusca.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2013/10outubro/22/PTAC_GALEUSCA_221013.mp4{/flowplayer}