Pontevedra, capital do tríatlon o 21 e 22 de maio

PONTEVEDRA> Uns 2.000 atletas competirán na Copa do Rei e da Raiña e no Campionato de España de tríatlon por relevos que se celebrarán os vindeiros 21 e 22 de maio en Pontevedra. A cidade do Lérez convértese esa fin de semana na capital do tríatlon e espérase un bo nivel de competidores na categoría de elite tanto masculina como feminina.

 

Dende o ano 2008, Pontevedra ten unha cita co tríatlon nacional e internacional. Tras pasar pola cidade competicións como a Copa de Europa, o Campionato de Europa ou o Campionato do Mundo de Duatlón, este ano é a quenda da Copa do Rei e da Raíña e o Campionato de España de Tríatlon por relevos que se celebrarán por primeira vez na capital.

A cita terá lugar a fin de semana do 21 e 22 de maio e a falta dunha semana para o peche da inscrición na Copa xa hai case 1000 deportistas confirmados e no Campionato de España máis de 700. Entre eles encóntranse os deportistas da categoría cadete que están entre os 15 e os 17 anos e que veñen acompañados dos seus familiares dende todas partes de España.

A proba da Copa componse de un tríatlon sprint: 750 metros nadando, 19 quilómetros en bici e 5 a pé, e farase a contrarreloxo polo que o tempo do cuarto integrante en cruzar a liña é o que conta para a clasificación. O campionato tamén será un triatlón en sprint e cada un dos tres compoñentes do equipo deberá realizar un terzo do recorrido total: 250 metros a nado, 6 quilómetros en bicicleta e 1’6 a pé.

Ambas probas terán lugar de mañá e aínda coa ausencia dos triatletas olímpicos, dende a Federación Galega auguran un gran nivel con Antonio Serrat, Uxío Abuín, Pablo Dapena, María Ortega, Anna Godoy ou as irmás Alonso.

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/05maio/12/copa_rei_triatlon_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/05maio/12/copa_rei_triatlon.mp4{/flowplayer}