Unha proxección sobre Manuel María centra os actos do BNG do Barbanza

    RIBEIRA> O BNG do Barbanza desenvolverá varias actividades para conmemorar o Día das Letras Galegas na comarca. A principal terá lugar o luns coa proxección dun documental sobre Manuel María, dirixido por Margarita Ledo. Ademais dos actos que cada agrupación local desenvolverá no seu concello, o BNG do Barbanza celebrará un acto conxunto co gallo das Letras Galegas. Consistirá na proxección dun filme sobre Manuel María da profesora Margarita Ledo. Dende o BNG tamén convidan á cidadanía a sumarse á manifestación convocada pola Plataforma Queremos Galego para o dezasete de maio en Santiago. Haberá un autobus con parada nos catro concellos da bisbarra. Os interesados poden anotarse na web da plataforma. O prezo é de cinco euros.