Ribeira prepárase para honrar á súa patroa Santa Uxía

RIBEIRA> Entre as actividades programadas para a fin de semana destacan os concertos de balde de Monoulious Dop e Mikel Erentxun que terán lugar o sábado a partir das dez da noite na avenida do Malecón.

Ribeira prepárase para conmemorar as festas da súa patroa, Santa Uxía. As actividades, a desenvolver durante toda a fin de semana, venres, sábado e domingo, tratarán de satisfacer os gustos d epequenos e maiores. Arrancarán xa este venres cun espectáculo familiar na praza do Concello a cargo de asSircópatas.

Ese mesmo día ás dez da noite na praza da Porta do Sol terá lugar un concerto de Davide Salvado, Fransy González e Cibrán Seixo.

Aínda así o prato forte dos festexos terá lugar o sábado cos concertos acústicos de Mikel Erentxun e Monoulious Dop no paseo do Malecón a partir das dez.

Xa o domingo, o día grande, está prevista ás doce da mañá no adro da igrexa unha misa solemne na honra da patroa.

Como vén sendo habitual nos últimos anos, por iniciativa da parroquia, desenvolverase ó logo de toda a semana un ciclo de conferencias sobre temas de actualidade, ás oito da tarde. A primeira delas mañá mércores a cargo do bispo emérito de Tánger Monseñor Agrelo.