AMBAR expón en Boiro os seus trinta e cinco anos de traballo

BOIRO> Os ‘trinta e cinco anos de vida e emoción’ de AMBAR xa locen na sala de exposicións do centro social de Boiro. Esta mostra itinerante permanecerá exposta no centro boirense ó longo de todo o mes de xuño. Esta mostra, elaborada polos alumnos dos obradoiros de arte de AMBAR, recolle a través dunhas poucas pinceladas os trinta e cinco anos de traxectoria desta asociación. Neste tempo son moitos os logros conseguidos no ámbito da diversidade funcional pero, tal e como refelxa esta mostra, queda aínda moito por avanzar para a integración plena. A concelleira de Servizos Sociais quixo felicitar a AMBAR polo seu aniversario así como polo inestimable labor que desenvolven en toda a comarca. A exposición permanecerá no Centro Social ata finais de mes.