O BNG insiste en denunciar a falla de transparencia da Xunta na crise dos pellets

BARBANZA> Ana Pontón volveu arremeter esta mañá en Ribeira contra a Xunta en relación coa xestión da crise dos microplásticos que están a chegar á nosa costa.

Segundo ela o Goberno de Rueda está a actuar con total opacidade neste asunto.

Pontón tamén se referiu á tardanza da Xunta en dar a coñecer os informes sobre a toxicidade dos pellets.