RIBADUMIA> O colexio Xulia Becerra Malvar está de aniversario… cincuenta anos hai que este centro educativo abriu as súas portas para formar aos nenos e nenas de Ribadumia. Por iso o Grupo Popular da vila presentará no vindeiro pleno unha moción para conmemorar os 50 anos da institución educativa.
O Colexio Xulia Becerra Malvar abría as súas portas polo ano 1966, hai hoxe 50 anos. Unha fecha que non pasa desapercibida para o Partido Popular da vila, que presentará unha moción, no vindeiro pleno, para conmemorar tan sinalada data.
A voceira popular Salomé Peña recoñece a importancia persoal e académica que tivo a escola na vila.
Son moitas as xeracións ribadumienses que se formaron nas aulas deste centro. Dende a súa construción o colexio foise ampliando segundo as necesidades de cada momento, ata chegar na actualidade a albergar a preto de 500 nenos e nenas do concello.
{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/05maio/12/salome_colexio_barrantes_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/05maio/12/salome_colexio_barrantes.mp4{/flowplayer}