O Salnés, sobre os pasos do Pai Sarmiento

    SALNÉS> A comarca de O Salnés estreou hoxe oficialmente un novo produto turístico. Trátase da ruta do Pai Sarmiento, un percorrido que recupera o trazado realizado por Martín Sarmiento pola zona en 1745. Con esta ruta, que recolle o seu libro Viaxe a Galicia, percórrense algúns dos espazos máis fermosos da comarca.

     

    Así arrinca o vídeo co que a Mancomunidade de O Salnés presenta ante o mundo o seu novo produto turístico: a ruta do Pai Sarmiento.

    Con esta proposta da Mancomunidade podemos facer o mesmo camiño que no século XVIII escolleu o intelectual para chegar a Santiago. 190 quilómetros que percorren o litoral; 125 deles polos concellos da comarca de O Salnés.

    Gastronomía, patrimonio, cultura e paisaxe. Reclamos para camiñar na desestacionalización do turismo da zona, ofrecendo unha oferta completa e atractiva.

    Ademais dos concellos de O Salnés, os pasos do Pai Sarmiento complétanse coa participación de  Poio e Catoira nesta proposta que, agardan, servirá de reclamo para atraer máis visitantes que gocen da comarca e dos seus encantos.

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/05maio/12/ptac_padre_sarmiento.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/05maio/12/ptac_padre_sarmiento.mp4{/flowplayer}