A Xunta comisa cincocentos quilos de sardiña en Ribeira

    RIBEIRA> Os diversos operativos contra o furtivismo desenvolvidos polo servizo de Gardacostas de Galicia saldáronse cun máis de oitocentos quilos de peixe e marisco comisados así como trescentos vinte e dous aparellos de pesca. Unha das actuacións máis destacadas tiña lugar no porto de Ribeira onde os axentes se incautaron de cincocentos quilos de sardiña. Outro dos escenarios destes operativos foi Vigo onde se comisaron tres quilos de rapante e douscentos metros de artes de enmalle. Na Costa da Morte e nas rías de Ferrol, A Coruña e Ares tamén se puxeron en marcha outros dispositivos para poñer freo á pesca ilegal.